LIBRARÍA ESPECIAL
Fundada en Santiago de Compostela en 1969, a Libraria Couceiro é, hoxe en dia, o establecimento con mais tradición na venda de libro galego dentro da Galiza. Durante os primeiros tempos dedicamo-nos às obras de temática xeral mais en 1975, co traslado ao local da rua da República de El Salvador, comezamos a achegar-nos à nosa liña actual.
Libraria Couceiro no ano 1969
Na altura, a Galiza vivia unha situación política e sócio-cultural ben diferente. Nós participamos activamente deste “novo rexurdimento”, organizando apresentacións de libros, apoiando publicacións periódicas… e, sobre todo, facendo de Couceiro o portavoz das novidades editoriais através do boletin Bendado. Uns anos mais tarde, en 1982, inaugura-se a Libraria Couceiro da Coruña.
Pouco a pouco fomos configurando o noso proxecto orixinal de libraria como elemento vivo dentro do ámbito cultural galego. En 1983 realizamos unha reforma completa das instalacións e decidimos focar definitivamente a nosa oferta nas obras galegas e portuguesas. Tamén durante esta nova etapa, fixemos unha pequena incursión no campo editorial coa publicación dos fac-símiles de duas importantes obras de Daniel Rodríguez Castelao: Retrincos, en 1983, presentada polo profesor Filgueira Valverde, e, tres anos mais tarde, Sempre en Galiza.
En 1986 incorporamos unha sección de libro vello e deixamos de traballar definitivamente con artigos de papelería e libros de texto. Este ano, abrimos o novo local da rua do Hórreo. Configurada deste xeito a nosa oferta actual, hoxe podes topar nos andeis de Couceiro desde centos de volumes antigos a todos os títulos en galego disponíveis no mercado, asi como unha amplísima escolla de libros portugueses, de cuxa comercialización na Galiza fomos pioneiros.
No ano 2007 instalámonos en pleno casco histórico de Santiago, ao rehabilitar as instalacións nas que estamos agora na praza de Cervantes, número 6.
Esperamos ter a oportunidade de atender-te persoalmente en Santiago. Porén, se o desexares, tamén podes poñerte en contacto con nós a traves das diferentes formulas de contacto
Graciñas pola visita