AS NOSAS INSTALACIÓNS

Unha libraria con 5 andares; cada un deles adicado a unha temática distinta.

SOTO

Os nenos desde ben pequenos absorben todo o que poden ó seu arredor, así que se queremos que sexan lectores temos que comezar ben cedo a familiarizalos cos libros. Para nós é unha parte moi importante do noso traballo conseguir facer lectores, polo tanto tentamos mimar este recuncho para que cada neno poda atopar aquí “o seu libro”

ANDAR BAIXO

Posto que estamos ubicados na chegada do Camiño de Santiago este andar ten unha sección de guías, tanto as adicadas ó Camiño, Santiago, Galicia…..como as adicadas a outros destinos.

Temos asimesmo unha ampla selección das últimas novidades en lingua española e libro de fondo.

PRIMEIRO ANDAR

Desde hai xa moitos anos o libro galego pasou a ser a nosa especialidade, así que este andar está totalmente adicado ás publicacións en lingua galega ou sobre Galicia. Sexan editoras galegas ou de fóra, autor@s daquí ou dalá; se o libro ten algo que ver con esta terra tentamos ter un recuncho para el.

SEGUNDO ANDAR

Neste andei podemos atopar libros que van desde o século XV ata os nosos días. Un espazo para pasar un tempo sen presa, rebuscando tesouros que podan estar agochados… ou non
Este mesmo espazo utilízase tamén tódalas semanas para distintos actos culturais como son presentacións de libros, roldas de prensa, encontros con autores, obradoiros de lectura e escritura, visitas de colexios…

TERCEIRO ANDAR

No derradeiro andar,(desde onde temos unha vista privilexiada da praza), acubillamos unha pequena selección de distintas temáticas como arte, cociña, música, cine….
Temos tamén un pequeno obradoiro de encadernación para restaurar as obras que chegan ás nosas mans en mal estado. Alí pódense ver as ferramentas e os distintos materiais que se utilizan neste traballo.