CONDICIÓNS DA COMPRA

1.DEFINICIÓN DOS DOCUMENTOS CONTRACTUAIS E A SÚA ACEPTACIÓN:

Estas condicións xerais regulan o contrato establecido entre Libraria Couceiro S. L., con domicilio en Praza de Cervantes nº 6, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), con CIF: B15315963, e coa dirección de correo electrónico pedidos@librariacouceiro.gal (en diante “EMPRESA”), e Vd. (en diante, o “CLIENTE”), relativo á compra dos libros, nos termos que se establecen nestas Condicións Xerais.

As condicións xerais de contratación regulan a relación de venda a distancia entre a empresa e o cliente, de acordo coas estipulacións legais, en especial, a Lei 7/1998, do 13 de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación, a Lei 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios, A normativa vixente e aplicable en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Lei 7/1996, do 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Comerciante polo miúdo, e á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.

A empresa resérvase o dereito para realizar as modificacións que considere oportunas, sen aviso previo, nas condicións xerais. Ditas modificacións poderán realizarse, a través da súa web, por calquera xeito admisible en dereito e serán de obrigado cumprimento durante o tempo en que se atopen publicadas na web e ata que non sexan modificadas validamente por outras posteriores. Con todo, a empresa resérvase o dereito de aplicar, en determinados casos, unhas condicións particulares de contratación con preferencia ás presentes condicións xerais cando o considere oportuno, anunciándoas en tempo e forma oportunos.

Como cliente declara expresamente coñecer, entender e aceptar as condicións de uso e estas condicións xerais de contratación. Do mesmo xeito, declara ser MAIOR DE IDADE e ter a capacidade xurídica e de obrar necesarias para o acceso ao sitio web da empresa e a contratación a través da mesma.

2. OBXECTO E DURACIÓN:

O obxecto recollido nas condicions xerais desta paxina web é a venda de LIBROS

A duración do contrato quedará vinculada á entrega do libro/s sen prexuízo do dereito de desistimento.

3. DESCRICIÓN DO SERVIZO

Para adquirir os nosos produtos, vostede deberá primeiro contactar coa nosa empresa a través de calquera das fórmulas de contacto que poñemos á súa disposición e publicitadas a través desta web (teléfono, formulario de contacto, twitter ou WhatsApp). Os pasos a seguir son:

  • Poñerse en contacto a través dos medios de comunicación postos a súa disposición nesta web e indicarnos que libro/s quere
  • Recibirá a través do mesmo medio información sobre o libro, o seu prezo e os gastos de envio en función do enderezo de entrega proporcionado
  • Se aproba a súa compra, recibirá a través de correo electrónico, SMS ou WhatsApp a información para realizar o pago (a través dun enlace para pagar con tarxeta ou enviaremos un número de conta si decide pagar por transferencia bancaria). Unha vez realice o pago, seralle enviado o libro ou libros.

Cando o pago se realice recibirá unha confirmación do mesmo por correo electrónico ou polo medio co que nos contactou, informándolle da saída do pedido.

É imprescindible que durante o proceso de compra o usuario indique un correo electrónico e un telefono válido.

O cliente, ao recibir o libro/os no enderezo de entrega facilitado, recibirá unha factura ou copia do pedido.

4. POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co que establece a normativa vixente e aplicable en materia de protección de datos, a empresa informa aos usuarios que os datos persoais solicitados durante o proceso de comunicacion e posterior compra, serán utilizados só para xestionar o pedido. Así mesmo, a empresa infórmalle da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal mediante un escrito á dirección postal praza de Cervantes nº 6, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través do correo electrónico libraria@librariacouceiro.gal, acompañando a súa solicitude dunha copia do seu DNI.

Durante o proceso de compra deberá identificarse proporcionando unha serie de datos, que serán necesarios para entregar o seu pedido. Estes datos non serán nunca públicos, e só serán transferidos á empresa de mensaxeria que vai facer a entrega e nos casos esixidos pola lexislación específica ou que os solicite o Defensor do Pobo ou os xuíces ou Tribunais competentes.

5. CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS DOS LIBROS:

Durante o proceso de pedido, desde a nosa empresa poderá enviárselle toda a información necesaria (textos, imaxes,…) para que o cliente quede satisfeito co pedido.

6. PREZOS

Os prezos serán proporcionados polo medio de comunicación usado polo cliente para poñerse en contacto coa EMPRESA. O prezo proporcionado será o do libro ou libros máis os gastos de envios correspondentes. Estos prezos indican o prezo de venda en Euros e inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

7. GASTOS DE ENTREGA E TRANSPORTE

A empresa realiza envíos en territorio Nacional, e Internacional.

Os gastos de enviou calcúlanse en función da zona de envio, peso e importe do pedido. Nos pedidos dentro de España (na península) a partir de 60 euros o envío será gratuito.

O cliente coñecera os gastos de envío antes de realizar a compra.

8. FORMAS DE PAGO E EXECUCIÓN DO PEDIDO

O cliente poderá abonar o importe do seu pedido optando por calquera das seguintes formas, e durante o proceso de compra deberá indicar a súa elección:

– Transferencia Bancaria

Ao seleccionar a transferencia bancaria recibirá un e-mail cos datos da conta bancaria da empresa e a información do pedido.

É moi importante que ao realizar a transferencia indique no asunto o número de pedido, así como o seu nome e apelidos, e realice a transferencia dentro dos 3 días posteriores á data de validación do pedido para poder ser enviado.

Se o desexa, pode enviarnos o xustificante da transferencia por correo elecrónico (pedidos@librariacouceiro.gal) ou WhatsApp co obxectivo de axilizar o seu envio. Pero en calquera caso, non se considerará efectivo o pedido ata que o noso departamento de administración non teña confirmación bancaria da transferencia.

Lembrarlle que o pago se ten que realizar en EUROS e que todas as eventuais comisións de cambio e bancarias corren pola súa conta. No caso de transferencias bancarias realizadas desde fóra de España, é moi importante que ao ordenar a transferencia comunique sempre ao seu banco facerse cargo das comisións en orixe, aquelas comisións bancarias e gastos correspondentes á súa entidade. De non ser así, a empresa podería paralizar o envío do seu pedido ao non recibir a cantidade íntegra do mesmo. As posibles comisións de cambio e bancarias corren a cargo do cliente

– Tarxeta bancaria (débido ou crédito)

Se decide pagar por tarxeta bancaria recibirá un mail ou SMS cun enlace que lle levará á nosa pasarela de pago para realizar o pago dos libros e os gastos de envio. Tamén poderemos enviarlle ese enlace á pasarela de pago por outros medios, como WhatsApp,…

9. DEVOLUCIÓN. DEREITO DE DESISTIMENTO

O cliente poderá devolver ou entregar directamente o produto á EMPRESA sen ningunha demora indebida, e en todo caso nun prazo máximo de catorce días naturais a partir da data na que reciba o seu pedido. Entenderase cumprido o prazo se o cliente efectúa a devolución do produto antes da finalización do prazo.

O CLIENTE FARASE CARGO dos custos de devolución do produto e do envio ao enderezo da empresa.

En todo caso, os produtos para devolver deberán estar en perfectas condicións, sen usar e na súa embalaxe orixinal. Rógase, por tanto, que para evitar problemas no transporte, se asegure de que o paquete vai debidamente protexido e precintado. Unha vez recibido, chequearemos o seu estado. No momento en que comprobemos que tanto o/os artigo/os, como os posibles compoñentes, accesorios, obsequios promocionais e documentación, estean completos e en perfectas condicións, procederemos a devolver o diñeiro abonado.

Reembolso do pago

O reembolso das cantidades recibidas polo cliente realizarase utilizando os mesmos medios de pago empregados polo cliente, a condición de que non se dispuxese o contrario

Devolución do produto defectuoso.

No caso de que o produto non se atope en bo estado e as causas imputables a este, non sexan consecuencia do cliente, este terá dereito á devolución do produto, informando á EMPRESA do motivo de devolución a través de calquera dos medios facilitados nas presentes condicións de contratación, e sen custo algún para o cliente. Esta devolución por motivo de defecto ou mal estado do produto non será considerada un dereito de desistimento.

Neste caso a empresa comprométese a asumir o custo da devolución e a restituír o produto por un novo dacordo con condicións aceptadas no momento da venda.

10. XURISDICCIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

A relación entre o usuario e o prestador rexerase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español.  A empresa e o cliente, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela para calquera controversia que puidese derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

  • Sesión de usuario.
  • Comentarios
  • Seguridad
  • Aceptación de cookies