ESPECIALISTAS EN LITERATURA EN GALEGO
Ainda que como libraria vimos a luz por primeira vez en Marzo do ano 1.969 non comezamos a traballar específicamente co libro galego ata o ano 1.975. Posiblemente unha aposta moi arriscada no seu momento pero que mirando atrás fai que nos reafirmemos nos ideais que nos levaron a seguir este camiño.
No ano 1.982 inaugúra-se a Libraria Couceiro de A Coruña a única libraria dedicada en exclusiva o libro galego e portugués.
No ano 1.983 realizamos unha completa transformación física da libraria de Santiago e apostando definitivamente pola especialización no libro galego e portugués , procurando sempre que chegaran as nosa estanterias o maior número de publicacións relacionadas coa nosa terra e o noso idioma, hai que decilo moitas desas publicacións dsecoñecidas ou dIfíciles de atopar que chegaban as nosas mans gracias a colaboración moitas veces desinteresada de amigos que nos visitaban informandonos de esas novidades. Comenzamos tamén un novo camiño coa publicación dunha serie de obras todas emblemáticas dentro da cultura galega, algunhas moi coñecidas como Retrincos ou Sempre en Galiza de Castelao e outras o millor mais descoñecidas para o público en xeral pero tamén significativas para comprender un pouco mais a nosa historia, coma por exemplo Os afillados do demo de Evaristo Martelo Pauman ou máis recentemente, e, para conmemorar o 30 aniversario da nosa casa, Doctrina Galicianista escrita por Constantino Horta co seudónimo de Mariscal Pardo de Cela.
No ano 1.997 inauguramos unha nova libraria na compostelá rua do Horreo e seguindo a línea marcada nun principio coa especialización, aproveitando que no seu dia e no local da rua da República de El Salvador comezaramos atraballar co libro antigo e de segunda man, especializar a novo local en libro antigo, segunda man e de ocasión co fin de abarcar un campo que no seu momento no existía na nosa cidade.
E por fin o ano 2.001, un ano no que inauguramos unha nova libraria , www.librariacouceiro.com, froito do noso interese por facer chegar a Galiza e a súa cultura canto máis lonxe millor, comezamos unha nova andadura xa dentro dun mundo tan apaixonante coma ainda descoñecido por nos como é internet e o funcionamento da venda de libros a través da rede.
O longo de todos estes anos estamos seguros de ter cometido erros, algúns recoñecidos e asimilados, e outros que non soubemos localizar ou visualizar co fin de poñerlles remedio, esperamos tamén haber tido acertos, pero si de algo estamos seguros é de que o moito ou o pouco que temos conseguido é gracias as xentes que nos teñen visitado, apoiado, e gratIficado coa súa lealdade e amistade polo que non podemos máis que agradecer dita confianza en nos,esperando poder seguir contando coa amistade de esas boas xentes.