O editor José Moças descubriu, por casualidade, dúas gravacións inéditas de José Afonso. Un concerto o 4 de maio de 1968 no Teatro Avenida de Coimbra e outro o 23 de febreiro do 1980 en Carreço (Vian do Castelo). Logo de falar coa familia púxose en contacto con Adelino Gomes e fixeron unha edición numerada, de luxo, de 2875 exemplares. Inclúe moita documentación, fotografías….e 2 cd’s máis 1 vinilo cos concertos.